Hoxe é Mércores 19 de Marzo de 2025

O servizo de vías e obras de Soutomaior incorpora 10 operarios

operarios

O cadro de persoal de vías e obras contará nos vindeiros meses con 10 novas persoas, en concreto as novas incorporacións son 6 peóns forestais, 2 varredoras e 2 albaneis. Unha contratación que se realiza dende o concello de Soutomaior ao abeiro do Programa +Provincia para a activación do emprego da Deputación Provincial

Con este procedemento Soutomaior incorporará entre mes de marzo e o mes de maio case un vintena de persoas a cadro municipal para realizar mantementos e limpeza de rúas no concello.

A maiores tamén oferta un posto de auxiliar administrativo e outro para auxiliar da biblioteca que se incorporarán o 1 de abril.

A incorporación do persoal de rúa realizase de maneira escalonada co obxectivo de que haxa persoal a maior parte do ano, e que nos meses de maior necesidade, o concello conte coa totalidade das persoas contratadas de maneira activa. Deste xeito esta semana comezaron 10 persoas ás que se sumarán no mes de maio 4 peóns forestais, 2 varredoras e 1 albanel. Así, nos meses de verán, a cuadrilla de obras municipal estará integrada por preto de20 persoas que se encargarán de manter o concello limpo e en boas condicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: