Hoxe é Xoves 20 de Marzo de 2025

As obras no tramo da N-552 en Trasmañó prolongaranse ata o verán

obras

O subdelegado do goberno, Abel Losada asegura que esta actuación, a cargo do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, avanza a bo ritmo e que se as condicións meteorolóxicas o permiten os traballos estarán rematados no verán. A obra conta cun orzamento de 2,5 millónes de euros e busca corrixir o afundimento do firme e consolidación do noiro. Unha actuación que obrigou a cortar un carril da estrada que comunica Redondela con Vigo polo que dende a administración piden comprensión aos condutores que se vexan afectados.

Abel Losada, Subdelegado do goberno

Os traballos na curva de Trasmañó arrancaron o pasado mes de febreiro e contan cun orzamento total de 2.505.161,54 euros e un prazo de execución de 6 meses. Foron adxudicadas polo procedemento de emerxencia, feito que Abel Losada agradeceu aos responsables da Demarcación de Estradas en Galicia “porque permitiu apurar uns trámites que se terían demorado moito máis cunha licitación ordinaria”. O subdelegado xunto coa alcaldesa Digna Rivas e o edil de urbanismo, Antonio Cabaleiro visitaron este martes unhas obras que aseguran van “a bo ritmo” polo que “se as condicións meteorolóxicas o permiten os traballos estarán rematados no verán.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O traballo máis complexo desta obra é a estabilización do terraplén, con traballos a máis de tres metros de profundidade para reforzar o terreo. Instalarase unhas ancoraxes para reforzar a estrutura do talude, con pezas de aceiro e formigón para evitar futuros afundimentos. Tamén se está a reparar a rede de colectores que hai baixo o asfalto, para o que é preciso fresar toda a superficie e logo repoñer o firme afectado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: