O monologuista e actor actuará este venres ás 20:30 honras no multiúsos de Arcade dentro da programación do servizo de Normalización Lingüística. A entrada é de balde previa retirada das invitacións este mércores, en horario de mañá de 9:00 a 14:00h. nas oficinas do concello ou pola tarde entre as 19:00 a 21:00h. no propio Multiúsos.
Carlos Blanco estará este venres en Soutomaior para ofrecer unha actuación na que realizará un repaso por algúns dos seus máis famosos monólogos: As grandes frases das nosas avóas e avós, As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno… Risas aseguradas cun cómico que enche teatros e que nesta ocasión podemos ver de balde.