Hoxe é Domingo 23 de Marzo de 2025

Abre o prazo para inscribirse no campamento de Semana Santa de Soutomaior

campamento

O Espazo Concilia que organiza a Concellería de Igualdade para esta Semana Santa desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril no Multiúsos de Arcade. Un campamento que é de balde e cuxas prazas, un total de 50, adxudicaranse por orde de inscrición, atendendo a prioridade de persoas con criterios de vulnerabilidade.

Un espazo dirixido a crianzas de entre 3 a 16 anos. O horario deste servizo será dende ás 9:00 ata ás 14:00 h. coa posibilidade da aula matinal de 8:00 a 9:00 h., para aquelas persoas que así o soliciten, e aula de mediodía con amplitude de horario ata ás 15:00 h. O que significa que este espazo contará con 4 horarios diferentes para que as familias podan optar ao que máis facilidades lles dea neste tempo de descanso das crianzas. Tería o horario de 8:00 a 14:00h, de 9:00 a 14:00h., de 8:00 a 15:00h. ou de 9:00 a 15:00h.

O campamento é de balde para todas as familias, trátase dunha medida do concello de Soutomaior ao abeiro do Plan Corresponsables. As prazas serán por orde de inscrición atendendo á prioridade de persoas con criterios de vulnerabilidade.

O concello de Soutomaior abre as inscricións hoxe venres 21 de marzo e permanecerán abertas ata o vindeiro 31 deste mes. As e os interesados deberán inscribirse en liña a través da web do concello www.soutomaior.gal

Dentro do horario do programa intercalaranse actividades lúdicas, educativas, deportivas, xogos e obradoiros, actividades ao aire libre sempre que o tempo o permita e sempre traballando baixo a perspectiva de xénero dunha maneira dinámica e participativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: