Hoxe é Domingo 23 de Marzo de 2025

Nace en Quintela unha nova festa gastronómica en torno a carne ao caldeiro

cultural quintela

A directiva do Centro Cultural de Quintela decidiu celebrar o seu aniversario en torno a unha mesa. Coa idea de xuntar aos veciños e veciñas da parroquias organizan este domingo 23 de marzo a I festa do carne ao caldeiro que confía reunir máis de cen persoas. A día de hoxe son xa máis de 90 as persoas inscritas pero aínda quedan asentos previa reserva no teléfono 653568491 ou no 659775209. O prezo é de 20 euros e inclúe ademais do prato principal a bebida, sobremesa e chupitos. Hai menú infantil a 12 euros.
A idea xurdiu como un xeito de xuntar os veciños e dar uso tamén a un Centro Cultural que intentan ser centro neurálxico da parroquia. Juanjo Fernández confía en que o evento sexa todo un éxito e que esta sexa a primeira de moitas edicións.

Un completo menú dos que nos achegaba máis datos Juanjo, insistindo na calidade do produto que se poderá degustar o domingo a un prezo de 20 euros “prezo axustado para un completo menú de carne ao caldeiro, viño, refrescos e auga, sobremesas caseiras e pan artesán”.

A xornada incluirá tamén sesión vermú e música a cargo de Juan Emilio Padrón. Tampouco se esquecen dos máis pequenos que a partir das cinco da tarde contarán cona actividades infantís a cargo de Teg animación, A xornada rematará cun bingo social.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: