Hoxe é Domingo 23 de Marzo de 2025

O Concello de Pazos traslada os seus servizos á biblioteca polos danos do temporal

tellado-concello-pazos-3-1024x472

O Concello de Pazos de Borbén viuse obrigado a reorganizar a atención aos veciños tras os severos danos causados pola borrasca Martinho na Casa Consistorial. Os fortes refachos de vento arrincaron por completo o tellado do edificio, provocando graves danos na cuberta que fan imposible o seu uso ata que se realicen as reparacións necesarias. Para garantir os servizos máis urxentes, habilitaron as dependencias do antigo Concello (actual biblioteca) para atender aquelas xestións que non poidan agardar, agardando que o luns, coas medidas aplicadas pola empresa encargada, se poida volver traballar con normalidade na Casa Consistorial.

O alcalde, Luciano Otero, informou de que aínda non foi posible cuantificar o alcance dos estragos, aínda que prevé que serán elevados e que a reconstrución da cuberta podería demorarse bastante tempo. Durante o día de onte, o consistorio permaneceu pechado e a asistencia aos cidadáns limitouse a consultas telefónicas. As liñas de teléfono tamén sufriron danos e estanse a tomar as medidas necesarias para restablecer as comunicacións canto antes. “Pasamos o día colocando lonas para protexer as oficinas e o auditorio, pero o vento non parou e non puidemos comezar a retirar os restos do tellado por seguridade”, detallou o rexedor. Facemos un chamamento á veciñanza para que, na medida do posible, priorice a realización de trámites en liña ou evite desprazarse se non é imprescindible.

Mentres tanto, a borrasca Martinho deixou un rastro de caos en Galicia, con tres persoas feridas e case 500 incidencias rexistradas. En Pazos de Borbén, o alivio é que non houbo vítimas. “O desplome do tellado ocorreu ás seis da madrugada, antes de que o edificio estivese aberto. Se fose unhas horas despois, nunha zona tan concorrida como a Praza do Concello, poderiamos estar falando dunha traxedia”, reflexionou Otero. A praza é un punto neurálxico do municipio, rodeada polo centro de saúde, o colexio, o pavillón deportivo, un parque infantil e varios establecementos hostaleiros.

Os danos afectaron especialmente o arquivo municipal, o que obrigou aos traballadores a trasladar con urxencia a documentación a outro lugar. Tamén se retiraron os equipos informáticos, aínda que se descoñece se sufriron avarías, xa que a subministración eléctrica foi cortada por precaución. O auditorio, situado dentro do edificio, quedou moi danado pola entrada de auga. Un perito da aseguradora visitou o lugar onte pola tarde para avaliar os desperfectos e iniciar o proceso de reparación. Queremos agradecer a paciencia e comprensión de todas as persoas afectadas, así como o enorme esforzo do equipo humano do Concello, que leva todo o día traballando sen descanso para solucionar esta situación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: