Hoxe é Sábado 29 de Marzo de 2025

Aqualia convoca un concurso escolar de debuxo

aqualia

O concurso está aberto a escolares que estean cursando 3º ou 4º de primaria nos centros de ensino do municipio. Os nenos e nenas deben deseñar un cartel sobre o coidado da auga e do medio ambiente. O prazo de presentación de traballos remata o 22 de maio e o traballo gañador levará como premio unha tablet. Os dous finalistas recibirá un reloxo intelixentes (smartwatch).

Co gallo da celebración do Día Mundial de Auga, ponse en marcha un concurso de debuxo que organiza Aqualia en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Redondela. Esta actividade, de ámbito local, está dirixa ao alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Redondela. Os nenos e nenas teñen que deseñar un cartel sobre o coidado da auga e do medio ambiente para acadar un desenvolvemento sostible e mellorar o planeta.

Desde Aqualia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento da auga, ofrecen ademais aos centros de ensino de Redondela un completo programa de actividades que acompaña ao concurso de debuxo. Trátase de cómics, vídeos de animación educativos, xogos e unidades didácticas sobre o cambio climático e a relevancia do ciclo integral da auga. Os protagonistas da campaña son uns superheroes chamados “Gardiáns Sostibles”, encargados de protexer o planeta e que inculcan aos nenos e nenas actitudes sostibles para o seu día a día.

Desde o Concello de Redondela animan a todos os nenos e nenas a participar no concurso e aprender máis sobre o ciclo da auga e a súa importancia para a nosa saúde e para o medio natural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: