Foto de MAChremo
O Porto de Cesantes acolleu o domigo 23 de marzo de 2025 a XXVIII Bandeira Concello de Redondela de Bateis, organizada polo CCD Cesantes e o Concello, con apoio de Cefycal, Rodavigo, Coterena e a Deputación de Pontevedra. Uns dez clubes da zona sur competiron nun campo de 500 metros, con categorías desde alevíns (un largo) ata séniores (catro largos). Redondela destacou por premiar cada categoría cunha bandeira e medallas aos tres primeiros.
O Club Remo Chapela-Wofco fixo historia cun dobrete nas categorías absolutas: na feminina, superaron a Vilaxoán por unha escasa marxe de 8 segundos, con Moaña completando o podio; na masculina, a vitoria decidiuuse nun final agónico, con Chapela a só dous segundos de Tirán e tres de Vilaxoán. Pero o éxito berete non rematou aí: sumaron triunfos en sub-23 e alevín masculino, un segundo posto en sub-23 feminina e tres terceiros en cadete feminino, xuvenil e infantil masculino, totalizando 8 podios.
Outros clubs tamén brillaron na competición. SD Tirán-Pereira alzouse con tres vitorias (alevín feminino, infantil e cadete masculino), dous segundos e un terceiro. CR Mecos destacou con tres triunfos en alevín mixto, infantil e xuvenil feminino, mentres que Meira sumou 5 podios. Robaleira e Vila de Cangas lograron tres cada un, con vitorias en sub-23 feminina e cadete feminina, respectivamente. O club anfitrión, CCD Cesantes, celebrou un segundo posto en alevín feminina.
Das 14 categorías disputadas (sete femininas e sete masculinas), Chapela liderou con catro vitorias, seguido por Mecos e Tirán con tres cada un. Outros clubes como Vila de Cangas, Robaleira, Samertolaméu-Fandicosta e Mar de Bueu-Simei anotáronse unha vitoria cada un, mentres que seis equipos máis subiron ou rozaron o podio. A xornada rematou cun convite á cidadanía para gozar do deporte e a convivencia, nun evento que, unha vez máis, puxo de manifesto o talento e a paixón polo remo na comarca.

