Hoxe é Sábado 29 de Marzo de 2025

Unha nova rotonda loce na subida á Picota

rotonda

O concello vén de acometer obras de arranxo para recuperar a rotonda existente nas inmediacións da praza da Fonte do Mouro e a Capela de Santa Mariña, que presentaba os adoquíns levantados e dificultaba o tránsito de vehículos. Os traballos de mellora consistiron na colocación dunha nova rotonda delimitada cun borde de pedra e unha oliveira no seu centro. Tamén se incrementou a iluminación no apeadeiro co obxecto de incrementar a seguridade dos seus usuarios.

O Concello de Redondela rematou as melloras de urbanización na contorna da Picota, e na rotonda loce xa unha oliveira. Outras actuacións realizadas na zona nas últimas semanas permitiron tamén mellorar a seguridade e a iluminación no apeadeiro da Picota, unha actuación realizada en colaboración con Adif consistente na instalación de máis farois.

Aseguran tamén dende o concello que se reforzou o dispositivo de seguridade no que veñen traballando conxuntamente axentes da Policía Local e Policía Nacional. Con estas melloras cúmprese o compromiso adquirido por parte dos responsables de Adif coa alcaldesa, Digna Rivas, nunha xuntanza de traballo mantida a comezos de ano na que a rexedora demandou máis seguridade no apeadeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: