Hoxe é Xoves 27 de Marzo de 2025

Charla sobre sanidade pública na Casa da Cultura

sos sanidade

A Asemblea pola Sanidade pública de Redondela organiza este mércores 26 ás 20:00 horas unha charla na que participa o médico e voceiro de SOS sanidade pública, Manuel Moreira, quen falará da situación crítica que vive o sistema de saúde pública galega. Anuncian tamén que fletarán un autobús para asistir a manifestación que terá lugar o 6 de abril en Santiago. As persoas interesadas en reservar praza deben facelo no número 638259974. O prezo é de 10 euros.

En total son 55 prazas nun autobús que partirá o domingo 6 ás 10:00 horas dende a praza da Farola con parada en Chapela ás 10:20 e regreso unha vez remate a mobilización. Previamente, este mesmo mércores terá lugar na Casa da Cultura unha charla ás 20:00 horas na que participa o médico e voceiro de SOS sanidade pública, Manuel Moreira, quen falará da situación crítica que vive o sistema de saúde pública galega.

Esta palestra supón o acto previo a unha nova mobilización a nivel nacional que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro 6 de Abril, no que as entidades pola sanidade pública convocantes agardan que a loita contra os recortes do actual goberno siga en pé ate que se volva a ter un sistema público de saúde que garante de xeito real e efectivos a atención da cidadanía galega.

As demandas seguen a ser as mesmas que hai anos, e entre elas salientan a necesidade de dotar de persoal suficiente e equipamentos tanto a Atención Primaria como Hospitalaria co obxecto de reducir as listas de agarda que supoñen para moitos usuarios que as súas patoloxías se vexan agravadas mentres esperan por consultas e intervencións.

Por todo isto, a Asemblea pola Sanidade de Redondela quere facer un chamamento á cidadanía da vila e dos concello de Fornelos e Pazos  Borbén para que asista a esta charla informativa e participe na posterior mobilización nas rúas en defensa, non só do dereito básico e universal á saúde, senón tamén en prol dunha defensa máis ampla do sistema de servizos públicos, o cal se atopa insisten “en franco deterioro e desmantelamento por mor das políticas neoliberais con claro afán lucrativo e privatizador do actual goberno da Xunta de Galicia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: