Hoxe é Xoves 27 de Marzo de 2025

Os grupos Sustanciados e Alterazión disputarán a final do concurso de maquetas do Millo Verde

millo verde

O recinto da feira do gando de Redondela acollerá na noite do sábado 12 de abril o concerto no que se decidirá o gañador do concurso de maquetas que organiza o Festival Millo Verde.

Nesta edición Sustanciados e Alterazión son os dous grupos finalistas que loitarán por facerse un coco no XVIII Festival Alternativo Millo Verde terá lugar na Área Recreativa da Praia de Cesantes (Redondela) os días 5, 6 e 7 de Xuño e no que xa hai confirmadas bandas como Jason Kane & The Jive, De Stokers, Tangomango, Hugo Guezeta ePeitoescuro.

Decimo sétima edición dun concurso no que participaron un total de trinta formacións, quen enviaron as súas maquetas para poder facerse un oco no Festival Millo Verde que se celebrará no mes de xuño en Cesantes. Dende a organización salientan a calidade dos traballos presentados de entre os que elixiron aos dous finalistas: o grupo de ska-punk nacido en 2019 con influencias musicais dos reggae, ska e punk, Sustanciados e a banda Alterazión, grupo de punk rock formado en Melide en el 2008 influenciados por grupos como Segismundo Toxicómano, Cicatriz, La Polla, Anti-Flag, Strike Anywhere

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: