A Policía Local de Redondela informa que por motivo de obras de reparación no firme este xoves e venres permanecerá pechado ao tráfico a rúa Esfarrapada, dende o cruce con rúa Hospital e saída por Peixiño.
Unha actuación da que nos falaba edil de infraestruturas Roberto Villar quen insistía que esta estrada só debería ser usada polos residentes tal e como así está sinalizado. Con todo, os condutores fan caso omiso a estas sinais o que provoca que a rúa ante o constante paso de vehículos “estea levantada e teña que arranxarse periodicamente”.
A rúa Esfarrapada estará así pechada dende as 8:00 horas do xoves ata as 22:00 horas do venres.