O “Scape Mulleres de Redondela” celébrase o sábado 29 de marzo logo de ser adiado polo mal tempo. Será a partir das 19.00 horas con saída na Praza de Ponteareas. O xogo está recomendado para maiores de 8 anos, e as probas teñen diferentes niveis de dificultade segundo en función da idade. A actividade é de balde. Inscricións no correo igualdade@redondela.gal.
Enmarcada dentro da programación do 8M, esta actividade serve para dar a coñecer a destacadas mulleres do pasado de Redondela cuxas historias foron silenciadas. Emilia Cabaleiro, Carmen Almoina “A Salvadora”, Josefa Puga “A Gharavilla” ou as madriñas de San Simón son algunhas das protagonistas das probas que se realizarán pola vila.
A actividade realizarase ao aire libre, no centro urbano, cun percorrido que vai desde a Praza de Ponteareas ata a Alameda Castelao. Haberá cinco probas, cada unha nun lugar diferente, e constará dun enigma que teñen de resolver para atopar a seguinte localización e que permitirá ás persoas participantes coñecer un pouco máis a mulleres importantes da historia do municipio.
O xogo está recomendado para maiores de 8 anos, e en cada proba hai diferentes niveis de dificultade en función da idade dos participantes. Os menores de 10 anos deberán ir acompañados dun adulto. A actividade é de balde, e as inscricións poden facerse no enderezo electrónico igualdade@redondela.gal.