A Orquestra de Saxos de Redondela e a Xingros Big Band, en colaboración co Concello e o Conservatorio Victor Ureña de Redondela organizan unha masterclass de iniciación ao flamenco para todos os instrumentos da man do gran Juan Parrilla os días 26, 27 e 28 de Marzo. O colofón a esta actividade será un concerto aberto ao público no Multiúsos da Xunqueira este venres 28 ás 20:30 horas.
Juan Fernández Gálvez (Juan Parrilla), natural de Jerez de la Frontera en Cádiz procede dunha das grandes familias do flamenco e é un dos máximos expoñentes do flamenco instrumental así como un dos compositores mais requiridos polas grandes figuras da danza.
Chega a Redondela da man das agrupacións do Conservatorio para ofrecer ao seu alumando unhas masterclas de flamenco, unha música popular do mesmo xeito que a bossa-nova, o tango ou o jazz. Nos últimos anos a música flamenca ten evolucionado de maneira vertixinosa, polo que actualmente non hai fronteiras para que ningún instrumento poida interpretala e con ese obxectivo chega ao centro educativo este curso para a iniciación no flamenco de todos os instrumentos, tal e como nos explicaba a directora do Conservatorio, Elisa Arias.
O colofón a este curso será un concerto no Multiúsos da Xunqueira no que Juan Parrilla actuará Grella acompañado pola Orquestra de Saxos e a Xingros Big Band interpretando temas escritos por el con títulos nos que quixo deixar clara a súa vinculación coa nosa terra como “Aguita clara de Redondela” ou “Tango de Redondela”.
A cita é este venres día 28 de marzo ás 20:30 h con entrada gratuíta no auditorio do Multiusos da Xunqueira.
