Hoxe é Luns 31 de Marzo de 2025

Centos de escolares danse cita na Alameda na III edición do Espallar Tinta

espallar tinta

A iniciativa congrega a preto de 800 nenos e nenas procedentes dos Centros de Educación Infantil e primaria do Concello de Redondela. Durante dúas xornadas os escolares comparten traballos feitos en lingua galega que expoñen ao resto dos colexios. Unha iniciativa que naceu da man de Jessica Rodríguez, profesora do CEIP de Cedeira quen imaxinou este evento como un xeito de que o traballo feito na aula tivera tamén visibilidade fóra do centro. Unha cita festiva na que haberá música con “Pakolas”.

Todo ese traballo realizado nos colexios coa creación de textos que poden ser poemas, contos, noticias, teatro… son compartidos a viva voz polo rapaces e rapazas que aprenden así a expresarse en público traballando a expresión oral diante dos seus iguais, pero tamén antes pais e nais que se achegan a esta feira.

Unha actividade de promoción e dinamización da escritura e a literatura na infancia que nesta edición tiña como novidade principal a participación dunha persoa vinculada coa literatura galega. Estaba convidada a escritora, narradora e actriz Charo Pita, quen finalmente non poderá asistir presencialmente por motivos de saúde pero que si trasladará unha menxase a todos os participantes. Tamén a Anpa do Colexio de Cedeira instalará unha “caseta creativa”.

O Concello de Redondela corre con todos os gastos da actividade, así como o traslado do alumnado ata a Alameda Castelao, e colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira na organización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: