O incendio, que se producía as cinco da tarde do pasado 19 de marzo na parroquias de Chapela foi causado de maneira intencionada cunha fonte calor directa como un chisqueiro. Así o determinaron os axentes do grupo de investigación de incendios da Unidade da Policía nacional encargado deste tipo de sucesos. As dilixencias trasladáronse ao Xulgado de Instrución numero 2 de Redondela.
O lume, que se produciu a semana pasada, deixou 0’31 hectáres de terreo forestal queimadas e unha gran columna de fume visible dende Vigo e o Morrazo. A intervención dun axentes forestal, tres brigadas contraincendios e dúas motobombas conseguiron sufocar o incendio en pouco máis dunha hora evitando que se desprazase ás vivendas das inmediacións.
Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia, logo das pescudas realizadas, confirman que o lume sería intencionado e apuntan a que o responsable tería empregado unha fonte de calor directa como un chisqueiro.
A Xunta apela á concienciación e á prudencia de cara a evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.