Hoxe é Luns 31 de Marzo de 2025

Trasladado ao Cunqueiro un veciño de Redondela tras sufrir unha caída de moto en Cabeiro

poli

Os feitos producíanse ao redor das dez da noite do martes cando o home, de 67 anos de idade, sufría unha caída da moto que conducía tras saírse da vía no Camiño do Campiño en Cabeiro. Os axentes da Policía Local que se trasladaron ata o lugar comprobaron que o ferido estaba semiinconsciente por mor do golpe e por atoparse baixo os efectos do alcohol. Finalmente foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

A alerta activouse tamén no 112 Galicia logo de recibiren aviso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo a información que dispoñían, o motorista caera co seu vehículo na estrada e apenas respiraba ao caerse a moto enriba. Así, solicitouse a intervención dos membros do GES de Redondela e tamén dos Bombeiros de Vigo e Baixo Miño. Sen embargo, bastou a actuación do GES para facilitar o acceso dos sanitarios ao ferido, quen ademais do golpe presentaba evidentes signos de atoparse baixo os efectos do alcol.

Finalmente, foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: