Os traballos de recuperación que se están a realizar nas zonas produtivas de A Barra, A Punta do Cabo e O Regato recibían este xoves a visita do conselleiro do Mar, Alfonso Villares e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde.
O obxectivo é garantir a capacidade produtiva destas zonas e así favorecer a súa viabilidade económica, social e ambiental. No caso concreto da remoción do substrato, os traballos, que se prolongarán durante catro días, consistes no gradeo en toda a superficie delimitada, con pasadas tanto en sentido lonxitudinal como transversal para asegurar a rotura do terrón do sedimento e, polo tanto, mellorar a descompactación do terreo, buscando a aireación do mesmo. A superficie na que se actúa ocupa unha extensión de 14.400 metros cadrados.
Esta actuación está enmarcada no programa autonómico de conservación e restauración ecolóxica dos bancos marisqueiros das rías de Galicia, dotado con máis de 1,3 millóns de euros, co-financiados co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
