Un condutor co permiso de conducir retirado ata o 2026 foi sorprendido na madrugada do domingo cometendo numerosos delitos polo centro da vila. O home, veciño de Moaña, deuse a fuga nunha motocicleta circulando en sentido contrario polas rúas Meixón Frío e Alfonso XII. Tras agochar o seu vehículos sería localizado posteriormente polos axentes da Policía camiñando pola zona. O condutor enfróntase a diferentes delitos contra a seguridade viaria.
Os feitos arrancaron na madrugada do pasado domingo tras recibir varias chamadas veciñais informando da presenza dunha motocicleta que circulaba de xeito anómalo e temerario polo centro da vila.
O condutor deuse a fuga nun primeiro momento circulando en sentido contrario por Meixón Frío e Alfonso XII cun ciclomotor que ademais carecía de placa de matrícula.
A motocicleta sería localizada posteriormente así como as súas pertenzas agochadas nas proximidades e o condutor identificado mentres camiñaba pola zona. Dáse a circunstancia de que este home tiña retirado o permiso de conducir por un período de 4 anos, en vigor ata o 2026.
Por todo, a Policía Local instrúe dilixencias ao xulgado de Redondela e investiga a este condutor por un presunto delito de condución co permiso suspendido e a maiores investigase a súa condución temeraria.