O MIliarium Rock Vilar Festum terá lugar este sábado ás 20:00 horas no Centro Cultural de Vilar e contará coa actuación dos grupos Los Asperos, unha banda de Redondela tributo a Los Suaves, que traerá toda a enerxía e paixón da mítica banda galega e Mostrencos, unha formación que nos fará viaxar coas súa versións de Extremoduro, un dos grupos máis icónicos do rock en castelán.
O Centro Cultural Vilar de Infesta lanza a primeira edición do Miliarium Rock, un festival de música que busca converterse nunha referencia na comarca, ofrecendo un espazo de lecer para os amantes do rock e promovendo a cultura musical e patrimonial da parroquia. O evento celebrarase o sábado 29 de marzo a partir das 20:00 horas nas instalacións do Centro Cultural.
O nome do festival, Miliarium Rock, non é casualidade. Ademais de evocar o espírito rebelde e festivo do rock, rende homenaxe a un elemento patrimonial de gran valor na parroquia: o miliario, testemuña do pasado romano da zona e símbolo da súa identidade histórica.
Nesta primeira edición, o cartel está formado por dous grupos de rock que prometen facer vibrar ao público. Por unah banda os redondeláns Los Asperos, unha banda tributo a Los Suaves, e Mostrencos, unha formación que nos fará viaxar coas súa versións de Extremoduro, un dos grupos máis icónicos do rock en castelán.
Para pechar a noite, a festa continuará cunha sesión especial a cargo de Dj Chopy, quen animará aos asistentes ata altas horas.
O festival, de entrada gratuíta, contará con servizo de comida con choripán, para que o público poida gozar da música nun ambiente festivo e acolledor.
Dende o Centro Cultural Vilar de Infesta, convidan a toda a veciñanza e afeccionados ao rock a participar neste evento e compartir unha xornada de música, cultura e diversión.
