Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

O Redondela F.S. recibe ao líder Vianariño en A Marisma nun duelo polo ascenso

WhatsApp Image 2025-03-10 at 13.27.55

O fútbol sala en Preferente acende as súas luces, mañá sábado 29 de marzo ás 19:30 horas, para un enfrontamento que pode marcar un antes e un despois na loita polo primeiro posto. O Redondela F.S. Rodavigo, segundo clasificado con 53 puntos, recibe no Pavillón Municipal de A Marisma ao líder, o A.D.I. Vianariño F.S. que suma 57 puntos, nun choque que promete ser épico. A tan só 4 puntos da cima, os redondeláns chegan con boa racha tras unha contundente vitoria por 2-6 ante o C.D. Beade, e agora teñen na mira dar o golpe definitivo para achegarse ao ascenso directo.

O Vianariño, pola súa banda, non deixará que o liderado lle escape tan facilmente. Con xogadores en plena forma e unha traxectoria sólida, os visitantes buscarán impoñer o seu xogo e manter a vantaxe na táboa. Este partidazo, que enfronta aos dous titáns da categoría, non só definirá o rumbo da liga, senón que tamén será unha proba de fogo para as aspiracións de ambos equipos. A afección de Redondela está chamada a encher as bancadas e converter A Marisma para empurrar aos seus cara á vitoria.

Mentres tanto, na mesma xornada de Preferente, outros encontros tamén captan a atención. O Campito Chapela F.S. (10º) recibe ao SD Abetos Gondomar FS (9º) nun duelo clave pola zona media, tras unha derrota por 5-3 ante o Pecheches FS que deixou aos locais coa urxencia de sumar. Pola súa parte, o Arealonga FS Chapela, penúltimo na táboa e afundido na zona de descenso tras caer 3-4 ante o Baiña F.S., enfróntase a domicilio ao Vincios Gondomar F.S. nun choque vital para escapar do pozo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: