Hoxe é Mércores 2 de Abril de 2025

O PP responsabiliza a Rivas das deficiencias no campo da Gándara

campo

O voceiro do PP de Redondela, Javier Bas, lamenta o que cualifica de “intento mentiroso de intoxicación e desinformación do goberno de Digna Rivas” no que se refire á reforma e mellora do campo de fútbol da Gándara, emprazado no Viso, xa que “tal e como recollen todos os informes e actas, que as obras se realizaron na súa integridade durante o primeiro mandato da rexedora socialista”.

Asegura Bas que a consecución do proxecto  así como o financiamento da obra foi cousa do PP “pero a execución dos traballos, do primeiro ao último día, fíxose cun goberno socialista entre os anos 2019 e 2020, polo que as graves deficiencias son da súa exclusiva responsabilidade”.

Cualifica de “inadmisible” que o goberno local date a obra no ano 2017 “nun intento de culpar ao PP e de escorrer a súa absoluta irresponsabilidade no control da actuación”, e puntualiza que a acta de replanteo asinouse o 21 de xuño de 2019, seis días despois da toma de posesión de Digna Rivas. Engade que a acta de recepción asinouse, da man dunha concelleira socialista, o 14 de agosto de 2020 e nese documento o goberno local confirmaba que as obras estaban correctamente executadas. “Incluso sacaron peito, a través dunha nota de prensa, do resultado desta mellora, así que non lles consentimos que mintan para tapar, outra vez máis, a súa ineficiente xestión”, manifestou.

Neste senso, indicou que os futbolistas “son intelixentes e saben perfectamente quen é o responsable e a quen teñen que reclamarlle” e anunciou que, desde o grupo municipal do PP, estarán vixilantes, ante o anuncio de que se lle esixiu a reparación á empresa adxudicataria, para que estes arranxos se acometan en condicións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: