Hoxe é Martes 8 de Abril de 2025

O cine toma forma na Illa de San Simón

conecta lab

A terceira edición do Conecta LAB, laboratorio e residencia artística para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, reúne dende onte e ata o 7 de abril na illa de San Simón os creadores e creadoras dos seis proxectos seleccionados este ano xunto cun equipo especializado de cineastas e persoas expertas para avanzar en aspectos artísticos e narrativos. Eire Cid, Jacobo Lagüela, Álvaro Alvite, Olga Osorio, Judith Adataberna e Clara Coira con Miguel Casaseca asinan as propostas que recibirán asesoramento de guión e dirección

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, participou na tarde deste martes na inauguración oficial e benvida de participantes, nun acto que compartiu con Fon Cortizo, presidente de CREA, e demais institucións como o Concello de Redondela. Unha iniciativa de colaboración que o Goberno galego vén levando a cabo desde hai varios anos con este colectivo profesional no obxectivo común de prestarlle ao audiovisual galego todas as oportunidades posibles para o seu avance.

A comisión nomeada por CREA seleccionou para Conecta LAB 2025 catro propostas na categoría longametraxes de ficción: Os reis imaxinarios, de Eire Cid, ambientada nun barrio obreiro de Vigo co tema das masculinidade fráxiles de fondo; A vella e o cocho, na que Jacobo Lagüela desenvolve unha autoficción familiar en homenaxe ás avoas; A nena que quería ser Fred Astaire, unha comedia dramática sobre unha familia disfuncional que asina Olga Osorio; e Memoria de emerxencia, un drama familiar que Judith Adataberna presenta envolto en historias de pantasmas.

Tamén recibirá acompañamento o proxecto transmedia Tramoloxía, no que Álvaro Alvite toca temas como a apropiación cultural e a identidade, o afán de éxito das xeracións mozas e a mercantilización da arte e a cultura cun ton satírico e acedo. A sexta proposta participante, seleccionada tras o seu paso polo Conecta + celebrado o pasado 24 de xaneiro en Pontevedra, é a serie de ficción Damero maldito, asinada por Clara Coira e Miguel Casaseca, na que se retrata a realidade das mulleres que asumen un rol de coidadoras a través dunha historia de terror e violencia psicolóxica.

Sobre esta escolma, o director de Industrias Culturais celebrou que catro dos seis títulos presentes en Conecta Lab tiveran apoios precedentes por parte da Xunta: son os casos de A nena que quería ser Fred Astaire, A vella e o cocho e Damero maldito, os tres con subvención á escrita de guión. Tamén Os reis imaxinarios obtivo axuda autonómica para desenvolvemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: