O Concello de Redondela incorpora este mes once novos traballadores e traballadoras para os servizos de Vías e Obras, Limpeza, Parques e Xardíns, Medio Ambiente e Turismo. Son sete peóns, un electricista e tres técnicos de Turismo que permitirán, entre outras tarefas, reabrir a oficina na rúa Isidoro Queimaliños.
Unha oficina que dende onte xa volve ter operativo o seu horario de atención ao público de luns a sábados de 11.00 a 14.30 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 pola tarde.
A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Persoal, Rita Pérez Táboas, recibían na mañá de onte no Concello aos novos empregados e empregadas que chegan a administración local a través do plan +Provincia da Deputación para a activación do emprego xa que está dirixido a persoas desempregada
