Hoxe é Domingo 6 de Abril de 2025

Soutomaior incorporará novos paneis interpretativos ao sendeiro que percorre a ribeira do Verdugo

paneis soutomaior

A actuación subvencionarase cunha achega de máis de 29.000 euros procedentes da Axencia Turismo de Galicia e servirá para mellorar a sinalización nas marxes do sendeiro que percorre a ribeira do río Verdugo, na súa desembocadura. En concreto, o tramo sobre o que se propón actuar (1.270 metros), é aquel que transcorre entre o peirao de Arcade e a ponte histórica de Ponte Sampaio sobre a que pasa o Camiño Portugués a Santiago e que marca o límite co veciño municipio de Pontevedra.

Este proxecto, que estará rematado a finais deste ano,  implica a instalación de seis sinais de carácter interpretativo nas beiras dun sendeiro de terra xa existente así como a creación de contidos interpretativos (texto e imaxes) para incorporar tanto ao corpo dos sinais como para ampliar información na web do concello de Soutomaior.

Os principais obxectivos deste proxecto son: mellorar a calidade da experiencia dos visitantes da senda sinalizando os principais recursos turísticos da zona e habilitar unha nova alternativa de ocio aos peregrinos que se achegan polo Camiño Portugués a Compostela mediante a desestacionalización da oferta turística. Tamén se busca unificar, modernizar e adaptar á normativa vixente a sinalética dos recursos turísticos da ribeira do río Verdugo así como promover o coñecemento e respecto polo patrimonio histórico e cultural de Arcade, destacando a importancia medioambiental da Enseada de San Simón e da desembocadura do río Verdugo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: