Hoxe é Domingo 6 de Abril de 2025

O Artelixo volve á rúa con 90 obras reivindicativas e de denuncia contra o proxecto de Altri

artelixo

Fran Álvarez e Ángeles Hernández ao carón da obra “raíces en resistencia do alumnado do Pedro Floriani

Os organizadores do Artelixo decidiron este ano mudar o seu nome e convertelo nunha denuncia expresa contra as consecuencias medioambientais que provocaría a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A convocatoria recibiu un total de 90 propostas artísticas que a partir deste venres e ata o sábado 12 permanecerán nas rúas, prazas e escaparates de Redondela. O acto inaugural do certame deste ano será este venres ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira cunha exposición de Eduardo Núñez “Willow”.

Arte elaborado con material de refugallo -maioritariamente pezas que se posicionan nos prexuizos que a instalación da mutinacional Altri en Galicia poida provocar no medio ambiente- encherán o centro da vila con obras elaboradas por artistas a nivel individual, colectivos sociais, centros educativos e veciños e veciñas de todas as idades. Á espera de recibir as últimas obras, os organizadores estiman que serán unhas 90 instalacións as que se poderán ver durante toda a semana. Un certame do que nos falaban Fran Álvarez e Ángeles Hernández.

Unha programación que arrancará coa inauguración o venres ás 19:00 horas da exposición de Eduardo Núñez, mariñeiro de profesión e “artelixeiro de corazón” que achegará as súas propostas nunha mostra que leva por nome “A segunda man das cousas”.

O sábado, se o tempo o permite, a Alameda de Castelao será o escenario no que organicen diferentes actividades como unha feira de segunda man co obxectivo de darlle unha segunda vida a obxectos e roupa que non utilizamos en horario de 12:00 a 20:00 horas. Inclúe tamén unha charla centrada na temática de Altri e música para amenizar o vermú en torno ás 13:00 horas.

O resto da programación inclúe a poesía para peóns con escritas nos pasos de peóns a cargo do alumnado dos centros educativos. O peche da programación será xa o sábado día 12 na Feira do gando cunha cita na que se inclúe un obralixo con Anxo Moure (de 17:00 a 20:00 horas) o tradicional Sonalixo, un espazo comunitario no que pode participar todo o que o desexe coa súa música, baile ou performances.

A xornada pecharase cos concertos dos grupos que pasaron a final do concurso de maquetas do Millo Verde, xa que un ano máis ambos colectivos colaboran nesta clausura do ArteLixo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: