Hoxe é Luns 14 de Abril de 2025

Milleiros de persoas apostan pola ostra de Arcade

soutomaior carpa

Unha edición máis a ostra de Arcade volveu ser un reclamo para os milleiros de persoas que se achegaron durante a fin de semana a carpa instalada no peirao da localidade e degustar o afamado molusco que se serviu en empanada, en escabeche e tamén elaborada de xeito máis innovador como adobada en salsa teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque, unha gastro experiencia que sorprendeu aos máis atrevidos. Con todo, o prato estrela volveu ser a ostra ao natural maridada con viños albariños locais.

Animados polo bo tempo, o peirao de Arcade encheuse de amantes da gastronomía e, máis concretamente da ostra, nunha fin de semana na que Soutomaior rendeu tributo ao produto estrela da localidade.

A xornada do sábado arrancou coa charanga Bassica Rapa que encheu de música a carpa do Peirao de Arcade e na que se puido degustar a experiencia OsTres, unha maneira de achegar este molusco dun xeito diferente conformada por tres variedades: ostra “A Touca” á galega con ramallo de mar, ostra adobada en salsa teriyaki sobre crema de aguacate e caviar de arenque e ostra en escabeche tradicional.

Onte domingo viviuse o día grande da Festa, con pasarrúas as dúas da mañá a cargo da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade. A partir das onde os máis madrugadores  xa se puideron achegar as casetas de degustación, amenizadas durante a mañá coa música do grupo de jazz Fernando Sánchez Jazz Cuartet.

A lectura do pregón chegou ás 13:00 horas co contador de historias e monologuista Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” nacido en Lalín pero veciño de Soutomaior, localidade na que reside actualmente e que arrancou a súa intervención explicando o que lle dixo un amigo zamorano, Jose Luis Gutierrez, cando lle contou a súa sorpresa porque lle encargasen a el, unha persoa do interior e non da costa, este pregón, el díxome “E como non, se no interior estivestes sempre condenados ó ostracismo”. Un pregón no que non deixou de louvar o bivalvo e a festa “Arcade fai democrática a ostra. Nesta festa podemos comer coma reis e podemos comer coma curas” para pechar como arrancaba “E porque aquí en Arcade tamén son relixión, quero comulgar con ostras”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: