Hoxe é Martes 15 de Abril de 2025

O Banco de Alimentos recolle 2.200 kilos de alimentos en Redondela durante a campaña Zampakilos Solidario

voluntari@s Redondela Zampakilos

A Fundación Provincial Banco de Alimentos recaudou máis de 60.000 kilos de produtos de primera necesidade en toda a provincia nesta campaña organizada por Vegalsa-Eroski por noveno ano consecutivo. No noso concello a veciñanza achegou máis de 2200 kilos nunha acción solidaria desenvolvida os pasados 14 e 15 de marzo nos supermercados Eroski e Familia.

A acción celebrada a mediados de marzo contou con persoas voluntarias nos supermercados Eroski Center e Autoservicios Familia de Redondela. A nivel provincial, a Fundación recadou máis de 60.000 quilos de alimentos en máis de 40 establecementos adheridos á campaña. Unha cifra que é resultado de sumar os produtos físicos entregados, así como as doazóns dinerarias dos clientes ao pasar por caixa e a achega económica comprometida por parte da empresa galega.

O Banco de Alimentos agradece a resposta da cidadanía que, unha vez máis,  púxose na pel das persoas vulnerables e achegaron o seu gran de area en forma de doazóns.

Actualmente, a Fundación atende na zona de Redondela a máis de 300 persoas vulnerables, a través de dous colectivos sociais cos que traballan: Aldeas Infantís e Cáritas Santiago de Redondela.

Durante 2024, o Banco de Alimentos repartiu ao redor de 1,4 millóns de quilos alimentos. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade atenden unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade ás que chegan coa colaboración de 153 ONG e entidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: