Hoxe é Xoves 15 de Maio de 2025

Roteiros culturais e medioambientais na Semana Santa

cementerio-os-eidos

As actividades, organizadas polas concellerías de Turismo, Medio Ambiente e Sostibilidade desenvolveranse os días 17, 18 e 19 de abril con saídas en bicicleta por Saxamonde, visitas ao cemiterio dos Eidos e unha saída en kaiak pola enseada de San Simón. Para participar é preciso facer previamente a reserva na Oficina de Turismo, rúa Isidoro Queimaliños, a través do teléfono 986 401 713 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Unhas propostas pensadas para público familiar que arrancarán o xoves 17 de abril ás 18.00 horas cunha ruta de Orientaventura en bicicleta por Chan das Pipas en Saxamonde. O prezo desta actividade é de 5 euros, con bici propia, ou 8 euros con bicicleta do Concello incluída.

O venres e o sábado días 18 e 19 ás 19.00 horas farase unha visita guiada ao Cemiterio dos Eidos. Nesta ruta os visitantes poderán coñecer o patrimonio histórico, artístico e cultural da vila. Este cemiterio, do ano 1833, recolle boa parte da historia de Redondela, onde repousan ilustres persoeiros. Este monumento, considerado como un “xardín romántico”, conta con interesantes esculturas e panteóns de arquitectura neogótica. Unha visita de balde.

Tamén o sábado 19 de abril pero ás 12.30 horas organízase unha actividade de kaiak ambiental pola enseada de San Simón. Nesta actividade os participantes poderán coñecer os fondos mariños e a contorna da illa de San Simón. Esta contorna, que forma parte do espazo protexido Rede Natura 2000, conta cunha gran riqueza ambiental e unha rica biodiversidade. O prezo desta actividade é de 20 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: