Hoxe é Sábado 10 de Maio de 2025

Un 30% dos visitantes do Castelo de Soutomaior proceden de fóra de Galicia

castelo soutomaior

Dos máis de 4.500 visitantes que se achegaron á fortaleza nos meses de febreiro e marzo, preto de mil procedían de fóra da comunidade, na súa maioría de Madrid, Castela e León e Andalucía, pero tamén de Portugal e Francia.

Obradoiros, contacontos e visitas guiadas para coñecer a camelia, foron algunhas das actividades organizadas pola Deputación de Pontevedra ao longo dos meses de febreiro e marzo co obxectivo de avanzar na desestacionalización do turismo e internacionalizar a demanda, así como converter o Castelo nun dos grantes atractivos turísticos do territorio.

Unhas propostas que lograron atraer a preto de 4.500 persoas, das cales un 30% proviñan de fóra de Galicia, na súa maioría de Madrid, Castela e León e Andalucía, pero tamén de países limítrofes como Portugal e Francia.

Ademais, máis de 520 alumnos e alumnas de 12 colexios de Soutomaior, Vigo, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Cambados, O Porriño o A Cañiza tiveron a posibilidade de descubrir o Castelo e os seus xardíns, descubrindo diferentes matices das camelias.

Pola súa banda, ata máis dun cento de persoas participaron nos diferentes obradoiros, de origami, pintura e ecoprint, e nos contacontos. Ademais, dende o organismo provincial confirman o grande éxito da novidade deste ano, o streetscape, no que os participantes tiñan que resolver enigmas e probas nos xardíns do castelo. De feito, entre febreiro e marzo foron preto de 1.000 as persoas que descargaron o QR para poder realizar esta actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: