Hoxe é Domingo 4 de Maio de 2025

José Luís Grande presenta o libro dedicado a Chapela

grande chapela

O libro está enmarcado dentro da colección editada polo Concello de Redondela –todos eles con portada de Ángel Barros- sobre as parroquias do municipio. Presentarase este xoves 10 ás 19:00 horas na Biblioteca Xela Arias no Multiúsos do Piñeiral nun acto aberto no que José Luis Grande falará sobre o proceso de elaboración do texto e entregarase un exemplar a cada un dos asistentes.

José Luís Grande ofrécenos a través deste libro un completo percorrido polo ámbito cultural, económico, deportivo, xeográfico e etnográfico de Chapela, co obxecto de achegarlle a toda a veciñanza unha imaxe global dunha parroquia que presenta particularidades distintivas respecto do resto do territorio: a súa proximidade con Vigo, unha importante industria vinculada co mar con Pescanova a cabeza ou unha elevada poboación de preto de 8.000 habitantes que marcan ese núcelo urbano onde non falta un centro de saúde propio, un instituto ou o Multiúsos, servizos que chegaron logo da loita e a reivindicación vecinal.

Un documento co que quere tamén “facer parroquia” recollendo todo o movemento vecinal, moi activo en Chapela, e que se remonta a principio do século XX coa sociedade agraria “La progresiva”, a Unión Marinera de tendencia socialistas, Sociedad Marinera e xa a Asociación de veciños que nace en torno aos anos 70 ante as obras de construcción da autoestrada AP-9 que vai partir a parroquia en dúas.

Entre as curiosidades que poderemos atopar no texto salienta Grande a existencia de Xoán Soárez de Chapela que segundo as últimas investigacións sería un trovador natural da parroquia.

Unha rica crónica cultural marcada polos diferentes gurpos e asociación que traballan na parroquia dende medianos dos anos 50 do ano pasado: o Círculo Cultural, o grupo Anaquiños, a escola de música ou a coral O Piñeiral, entre outros.

Non falta tampouco a reivindicación á hora de falar da contorna natural “a parroquia chegou a ter 24 muíños, hoxe practicamente desaparecidos” grazas a esa vinculación da parroquias cos ríos e regatos que nacen no monte e atravesan Chapela.

E como non podía ser doutro xeito hai un apartado tamén as festas “cunha intensa programación de celebracións onde non faltan as citas gastronómicas que teñen medrado nos últimos anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: