Javier Pérez proclamouse campión provincial de billar a tres bandas nun torneo organizado polo Centro Cultural e Recreativo de Chapela. O xogador local logrou a vitoria tras derrotar a Gustavo Varela, do club Errantes, nas semifinais, e a Antonio Fuentes, do CB Lalín, nunha emocionante final. Ademais do título, Pérez levou o trofeo á mellor tacada do campionato.
O torneo tamén destacou polo bo papel de Jorge G. Hermida, outro representante do CCR de Chapela, que rematou en cuarto lugar. O club quixo agradecer o apoio do Concello, da Diputación e do propio Centro Cultural e Recreativo de Chapela pola súa colaboración na organización do evento. Dende a entidade felicitaron aos participantes, especialmente ao novo campión, Javier Pérez, polo seu éxito neste campionato provincial.
