Hoxe é Xoves 17 de Abril de 2025

Soutomaior organiza unha viaxe a Ourense e Carballiño para os maiores da localidade

parque_carballiño

O programa Ronsel, da concellería de Igualdade e Benestar Social, achega esta excursión de balde para persoas maiores de 65 anos. A actividade desenvolverase o domingo 11 de maio e levará aos participantes ata a cidade de Ourense e ao Parque Municipal do Carballiño. As inscricións poden realizarse en liña na web do concello ata o vindeiro día 30 deste mes. As persoas que precisen axuda poderán realizar a inscrición no concello ou no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h.

Unha iniciativa está enmarcada dentro do programa RONSEL co fin de desfrutar do avellentamento activo e do tempo de lecer a través dos espazos naturais, da cultura, da historia e da natureza.

Todas e todos os interesados deberán inscribirse en liña dende mañá ata o 30 de abril o único requisito que hai que ter é ser maior de 65 anos e estar empadroado no concello de Soutomaior.

A excursión partirá ás 09:15h. en autobús . Unha vez en Ourense, a onde está previsto chegar ao redor das 11:00 horas os participantes gozarán dunha visita guiada pola cidade percorrendo prazas e rúas medievais, a Praza Maior, igrexas, edificios de interese e lugares emblemáticos como as Burgas e o Ensanche decimonónico de Ourense. Sobre as 13:00h. partirán cara Carballiño con chegada, ás 13:40h. ao Parque Municipal da localidade, unha zona de recreo de 32 hectáreas situada entre a zona residencial e  río Arenteiro.

O xantar terá lugar baixo unha carpa equipada e pola tarde ás 16:30h. terá lugar a verbena amenizada polo Trío Tic Tac con regreso ao redor das 20:00 horas.

Todas aquelas persoas que precisen axuda coas inscricións en liña, pode facela nas Oficinas Xerais do Concello (Soutomaior en horario de 9:00 a 14:00h) ou nos Servizos Sociais (Multiúsos, Arcade en horario de 9:00 a 14:00h).

Aquelas persoas que precisen ir con acompañante deberán entregar un xustificante xunto coa inscrición acreditando esta necesidade, esta persoa tamén deberá inscribirse para que quede reservada a súa praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: