Os feitos tiveron lugar nun tramo da N-550 entre Redondela e Soutomaior en torno ás 17:00 horas deste domingo. No accidente víronse implicados un coche e unha moto, resultando feridos graves os dous ocupantes da motocicleta, un home e unha muller, que foron trasladados en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro.
A Policía Local de Redondela explica que o accidente produciuse cando un can cruzou a vía nun tramo da estrada N550 á altura de Soutoxusto. Un turismo que circulaba pola zona freou para non atropelar ao animal o que provocou que a motocicleta que circulaba detrás colidira contra o coche sen poder evitar o choque.
Os dous ocupantes da motocicleta, un home e unha muller, resultaron feridos sendo trasladados en ambulancia a un centro hospitalario
No sucesos interviron axentes da Policía Local quen se desprazaron ao lugar tras seren alertados polo 112 Galicia, así como ambulancias do 061 que se encargaron de trasladar ao feridos. A Garda Civil de tráfico fíxose cargo da investigación.
O accidente provocou tamén pequenas retencións de tráfico.