Hoxe é Luns 28 de Abril de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo Republicano repón a placa en lembranza aos asasinados na Illa de San Simón

republicano placa cesantes

A placa orixinal, instalada na praia da Punta en Cesantes no ano 2008 fora roubada tan só cinco días despois da súa colocación. A placa foi reposta esta fin de semana dentro da programación de actos organizados polo Colectivo Republicano de Redondela co gallo de conmemoración da II República.

Acto emotivo que se celebraba na mañá do sábado e que busca recuperar a memoria das moitas vítimas que perderon a vida durante o franquismo, concretamente aqueles que pasaron pola cárcere de San Simón e que foron asasinados ou morreron de fame e enfermidade nese penal.

Unha placa cun texto co que se busca “homenaxear e lembrar ás 6.000 persoas que sufriron as peores represalias durante os primeiros anos da ditadura franquista sendo privadas de liberdade a partir do 36 na Illa de San Simón, algúns deles paseados e asasinados”. Un texto no que se fai fincapé na necesidade de recoñecer “aos defensores da legalidade democrática fronte ao fascismo internacional” e que remata co lema “Pola xustiza, a dignidade e a reparación histórica”.

Pedro Vieitez, Colectivo Republicano Redondela

A actividades prolongáronse durante a xornada de onte co tradicional homenaxe no monumento da Concheira e xa pola tarde, ás 17:30 o acto na foxa común dos Eidos. A xornada continuou cun pasarrúas con paradas nas placas de Nadora e Garavilla para rematar nas casas dos Mestres para homenaxear aos republicanos de honra deste ano, homenaxe centrado precisamente en todos aqueles mestres e mestras que sufriron a represión polo seu xeito de entender o ensino con nomes como Ernestina Otero, Raimundo Cal ou Nicanor Villar entre outros moitos.

Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán” participaba tamén neste acto lembrando a súa avoa, Antonia Rodríguez Salinas, que se viu obrigada a deixar a súa vida en Madrid e vir a Redondela cando o seu marido é encarcerado en San Simón e que tamén forma parte das mestras represaliadas que abandona a docencia para non acatar as consignas do franquismo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará