Hoxe é Xoves 24 de Abril de 2025

As mozas de Primeira Autonómica do Balonmán Chapela non puideron evitar o descenso

488010969_1236719481796030_7760631270850587503_n

A tempada chegou ao seu fin para os equipos galegos de balonmán feminino, que pecharon as súas respectivas ligas con resultados dispares e derrotas en ambas categorías.

Na Primeira Autonómica Feminina, o Cíes Obra Civil Balonmán Chapela pechou a tempada cunha derrota ante o Poio (25-20) no marcador, un resultado que as sitúa na última posición da liga e confirma o seu descenso a Segunda Autonómica. A pesar do esforzo das mozas, non puideron evitar o fatídico desenlace, rematando unha campaña complicada.

Na Segunda Autonómica Feminina, a SAR Bluenewables tamén despediu a liga cunha derrota na pista do BM Caselas (33-24). O equipo mantivo a igualdade na primeira metade (14-12), pero tras o descanso, as locais impuxeron o seu ritmo e ampliaron a diferenza. A SAR finaliza na sexta posición con 7 vitorias, deixando bos momentos, aprendizaxe e ilusión por mellorar na próxima tempada.

Pola súa banda, As Choqueiras Pastoriza pecharon a tempada na casa cunha derrota ante o líder, Seis do Nadal (20-33). O equipo remata no último posto con 3 puntos, tras unha campaña marcada polo compromiso e o esforzo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: