Hoxe é Xoves 24 de Abril de 2025

O ska-rock de Sustanciados faise un oco no festival alternativo Millo Verde

WhatsApp-Image-2025-03-26-at-22.13.04-2

O grupo de Mos foi o gañador do concurso de maquetas do Millo Verde cuxa final se celebrou este sábado na feira do gando de Redondela. O público asistente gozou dun concerto no que participaron os dous grupos finalistas, Sustanciados e Alterazión. O seu voto foi decisivo á hora de elixir o gañador desta XVII dotado cun premio económico de 500 euros e o dereito a formar parte do cartaz do festival que se desenvolverá os días 5, 6 e 7 de xuño na praia de Cesantes.

Sustanciados, a banda de Mos que mestura con forza influencias de reggae, ska e rock proclamouse vencedor no concerto do sábado.  Cun estilo que eles mesmos definen como unha mestura explosiva a súa actuación convenceu maioritariamente ao público que se deu cita na feira do gando.

Sustanciados

Unha banda con moita enerxía que volverá actuar en Redondela dentro do Festival Alternativo Millo Verde, un certame que celebrará a a súa XVIII edición na primeira semana de xuño na Praia de Cesantes. Ao longo de tres días o programa ofrecerá múltiples actividades culturais e deportivas, tendo como eixo central a música, onde a diversidade de estilos e de procedencias será, coma sempre, un dos puntos básicos do festival.

Entre as bandas xa confirmadas, ademais de Sustanciados poderán escoitarse grupos de procedencia e estilos tan variados como Jason Kane & The Jive, procedentes de San Antonio, Texas, cunha mestura de sons arraigados no funk, no blues e no soul recortados sobre un fondo de rock ou Hugo Guezeta, un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego.

Un cartel onde non faltan as voces femininas como a da gaditana La perra blanco ou o soul funk dos vigueses Tangomango. Unha viaxe musical que non levará tamén ata os Paises Baixos con De Stokers e a coñecer a fusión de estilos que nos propón a banda colombo-bilbaína Mi Buenaventura, cun repertorio que fusiona salsa, cumbia e vallenato con psicodelia, rock e electrónica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: