Hoxe é Venres 25 de Abril de 2025

SAR OPmobility pecha a tempada co pase á final four e o Balonmán Chapela consegue o obxectivo da permanencia

491040819_1209717881163137_4025630191442463413_n

Foto de Patry Rivas

Coa tempada regular pechada na Primeira Autonómica Masculina, a SAR OPmobility despediuse cunha vitoria sólida ante Rasoeiro BM (31-22), asegurando a terceira praza e o pase á Final Four, mentres que o Balonmán Chapela, pese a caer ante Lavadores (28-26), celebrou a permanencia na categoría, selando unha campaña exitosa para ambos os equipos.

Na Primeira Autonómica Masculina, a SAR OPmobility pechou a liga regular cunha vitoria contundente ante o Rasoeiro BM (31-22) na Bomboneira, deixando excelentes sensacións. O equipo destacou polo seu xogo rápido, áxil e dinámico, apoiado por unha gran actuación en portería e unha defensa compacta. Tras irse ao descanso cunha vantaxe de 14-9, na segunda metade ampliaron a diferenza cun ataque fluído. Con todo, a xornada tivo un sabor agridoce pola lesión de Imanol Cobián, que sufriu unha fractura de clavícula. O club envíalle todo o seu ánimo para unha pronta recuperación. Con este triunfo, a SAR termina terceira con 30 puntos (14 vitorias e 2 empates), clasificándose para a Final Four do 26 e 27 de abril, co obxectivo de lograr unha praza na Fase de Ascenso a Primeira Nacional.

Pola súa banda, o Balonmán Chapela rematou a tempada cunha derrota axustada fronte ao Lavadores (28-26), pero cumpriu o seu obxectivo inicial de garantir a permanencia na categoría, pechando a liga con éxito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: