Fotos de Patry Rivas
A Federación Galega de Balonmán vén de anunciar os primeiros Sectores Estatais definidos para a tempada, comezando pola categoría Xuvenil Feminina. O SAR Rodavigo terá a vantaxe de xogar o seu sector na casa, mentres que o Escayolas Miguel Santos BM Cangas deberá desprazarse ata Guipúzcoa para disputar o seu. A competición está programada para celebrarse entre o 2 e o 4 de maio. Dende a federación desexan moita sorte a todas as rapazas.
Este anuncio chega nun momento de gran éxito para o SAR Rodavigo, que logrou un feito histórico ao clasificar tres dos seus equipos femininos de base para os sectores nacionais, nunha tempada memorable para a canteira verde. Segundo o presidente do club, “é un momento histórico para o club, xa que nunca se lograra incluir tres categorías femininas no Sector Nacional nunha mesma tempada. É un éxito deportivo, froito do bo facer dos adestradores e xogadoras, do apoio diario dos pais da Peña Vicién en cada encontro, ademais do apoio fundamental dos patrocinadores. Un momento histórico no que todos colaboramos e que debemos sentirnos orgullosos. Agora, a gozar deste éxito, AUPA SAR!”
O equipo infantil feminino obtiña o billete ao sector tras rematar como subcampións de liga, nunha tempada brillante que lles permitiu avanzar directamente sen pasar por eliminatorias. A coordinadora da base feminina, Carla Abad, destacou: “É moi importante para continuar co crecemento deportivo das nosas xogadoras, ter os tres equipos (infantil, cadete e xuvenil feminino) clasificados para disputar o Sector Nacional. Creo que é algo que poucos darían un paso máis a nivel deportivo nos próximos anos, pero agora mesmo o máis importante é disfrutar deste conseguido esta tempada, porque hai moito traballo detrás de todos os estamentos do club.”
O equipo cadete feminino SAR Rodavigo proclamouse campión da Final Four en Meaño, asegurando a terceira praza galega para o sector nacional xunto ao Grupo Lemaco Xiria A e o Dental Pablo Sieiro BM Cangas. Na semifinal, venceu ao Taberna Os Arcos Asmubal cunha defensa sólida e xogo dinámico, e na final superou ao Mecalia Atlético Guardés nun partido intenso, marcado por unha vantaxe inicial de nove goles e a loita do Guardés ata o final.

Por outra banda, o xuvenil feminino tamén brillou na Final Four da súa categoría, disputada no pavillón do Loureiro, vencendo ao Chapela nun encontro cheo de entrega e calidade, que lles valeu o pase ao nacional. Así mesmo, o cadete feminino completou o pleno vencendo ao Atlántico Guards na súa Final Four. Cun xogo moi serio e unha gran actuación colectiva, pecharon unha fin de semana máxica para a familia verde.
Ademais, hai máis motivos para celebrar: o equipo infantil feminino B SAR Bluenewables proclamouse campión da liga prata, poñendo o broche de ouro a unha tempada que demostra que a base do club goza de moi boa saúde.

Con esta nova oportunidade nos Sectores Estatais, o SAR Rodavigo prepárase para deixar o seu selo na competición nacional, apoiado pola súa afección e coa ilusión de seguir facendo historia no balonmán feminino galego.

