O Club Baloncesto Redondela reuniu á súa afección no pavillón do IES Mendiño para presentar aos seus 14 equipos nun evento cheo de emoción e camaradería. Ademais, o club informa do seu X Campus de Verán, que se celebrará do 23 ao 27 de xuño no Pavillón Municipal A Marisma.
Más dun centenar de xogadores e xogadoras, desde os máis pequenos ata as categorías superiores, desfilaron ante as bancadas repletas de familiares e amigos. O acto destacou polo seu ambiente festivo, cos pais e nais apoiando aos seus fillos, especialmente aos máis novos, quen levou os aplausos máis cálidos. O Redondela, que conta con 170 fichas federadas e 200 deportistas en total, aproveitou a xornada para organizar xogos, competicións e exhibicións.
A presentación serviu tamén para mostrar o talento da canteira e dar a benvida aos novos integrantes do club. A xornada finalizou cunha emotiva foto de familia, capturando aos máis de 100 deportistas presentes, reflexo do espírito unido e diverso do CB Redondela, que segue crecendo como un referente do baloncesto local. O coordinador mantén que son un club formador e que os resultados non son o importante, pois de momento xogan na liga zonal da comarca de Vigo.
Ademais, o club informa do seu X Campus de Verán, que se celebrará do 23 ao 27 de xuño no Pavillón A Marisma. Este campus, dirixido a nenos e nenas entre 2012 e 2019 terá lugar de mañá de 09:00 horas a 13:30 horas e, promete ser unha experiencia enfocada a amizade e a conciliación familiar.
Os prezos son os seguintes: 90 euros para xogadores/as do CB Redondela (ata o 10 de xuño), 85 euros para socios/as do club (ata a mesma data), e 100 euros para non xogadores. Ademais, ofrécese un desconto do 10% para irmáns (ata o 10 de xuño) e un prezo único de 115 euros a partir do 11 de xuño. A preinscrición, dispoñible ata o 16 de maio, ten un custo de 10 euros, que se descontarán do importe total e recibiranse nun agasallo exclusivo pola preinscrición. A data límite de inscrición é o 15 de xuño. Para máis información e reservas, pódese contactar ao club a través do teléfono +34 722 61 72 12 ou os correos tdeportivo.cbr@gmail.com e c.b.redondela.chapela@gmail.com.
O CB Redondela segue consolidándose como un piar do baloncesto na rexión, promovendo tanto o deporte como os valores de comunidade.

















