Hoxe é Xoves 8 de Maio de 2025

O Concello encarga unha auditoría externa para avaliar as deficiencias do campo de fútbol da Gándara

campo dagándara

O Concello de Redondela solicitou unha auditoría externa para avaliar as deficiencias estruturais do campo de fútbol da Gándara. A auditoría chega logo das protestas de pais, nais e xogadores quen denunciaran o estado do campo con problemas como tapetes despegados, avarías no rego e unha drenaxe deficiente que afectan as instalacións o que os levou a protagonizar unha concentración ás portas do Concello. O obxectivo é coñecer o estado do firme baixo o terreo de xogo para poder darlle unha solución definitiva.

Para coñecer o estado da estrutura do firme baixo o terreo de xogo e abordar unha solución definitiva o concello vén de solicitar unha auditoría externa a unha empresa especializada para avaliar “in situ” as deficiencias estruturais do campo da Gándara. Realizaranse ensaios para determinar a regularidade do terreo, a absorción de impactos, resistencia e infiltración de area, entre outros parámetros.

O goberno local asegura que, segundo os informes técnicos, “o problema de base está no proxecto realizado para estas instalacións, que data de 2017, xa que o material escollido para o firme, de saburra, non se axusta ni ás necesidades do terreo nin ás condicións meteorolóxicas da zona”.

Engaden que “o proxecto realizado polo goberno de Javier Bas estableceu que a base se fixese con saburra cando o material máis axeitado para este campo sería unha base de asfalto, que achegaría máis firmeza e non xeraría os problemas de drenaxe que actualmente se están a dar baixo o céspede. A acumulación de auga baixo o tapete é a causante dos desniveis no terreo e de que o céspede artificial se despegue”.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, reuníronse a semana pasada coa directiva do CD Cesantes, club que emprega o campo de fútbol municipal da Gándara, en Tuimil (O Viso) e trasladáronlles que as deficiencias que presenta o campo “serán reparadas pola empresa contratista, xa que as instalacións están aínda están en período de garantía”. Os arranxos comezaron hai unhas semanas e dependen das condicións meteorolóxicas, polo que continuarán neste mes de abril e prolongaranse ata xuño. Rivas afirmou que o seu goberno esixirá que o campo quede “en perfectas condicións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: