Cada Maio participante recibirá 200 euros fronte aos cen euros que se concedía en edicións anteriores. O Concello mantén os tres premios en cada categoría (Maio Tradicional, Maio Artístico, Copla e Interpretación) dotados con 300, 250 e 200 euros para o 1º, 2º, e 3º clasificado. O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de abril tanto no rexistro municipal como na sede electrónica.
O vindeiro 1 de maio volverá ser unha xornada de festa en Redondela coa celebración da tradicional Festa dos Maios que confía en repetir o éxito de participación de edicións anteriores nas que se superaron os 20 participantes. Para animar esa participación dende o concello anuncian que se duplican as axudas que recibe cada un dos maios, que pasan de 100 a 200 euros por maio.
O xurado premiará tamén ás mellores figuras en maio tradicional (cruceiros e conos) mentres que o resto das esculturas presentadas entrarán na categoría de maio artístico. O xurado premiará tamén as mellores coplas e a mellor interpretación.
O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de abril para as asociacións e colectivos que desexen participar no concurso, tanto no rexistro do Concello de Redondela como na sede electrónica.
O Concello outorgará un total de 12 premios repartidos entre as tres categorías: Premio ás Coplas, Premio á Interpretación, Premio ao Maio Tradicional e Premio ao Maio Artístico. Todos eles teñen as mesmas contías económicas cun primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.