Hoxe é Venres 9 de Maio de 2025

O Choco golpea en Porriño e mantén viva a esperanza da salvación

WhatsApp Image 2025-04-21 at 12.11.25

A tres xornadas do final, o fútbol local vibrou con resultados clave: o CD Choco conseguiu unha vital vitoria a domicilio ante o Porriño Industrial (0-2), afastándose do descenso en Preferente; o CD Ribadumia goleou ao Soutomaior (5-0), complicando a permanencia deste último en Primeira Galicia; e o CD Arcade superou ao SD Valiño (4-2), mantendo vivas as súas aspiracións de play-off. Mentres, equipos como Atlético de Villar, Chapela CF e CD Cesantes descansaron, preparando duelos cruciais nas categorías inferiores para consolidar as súas posicións.

Preferente

PORRIÑO INDUSTRIAL F.C.  – C.D. CHOCO  (0-2)

A tres xornadas da final o CD Choco conseguiu unha valiosa vitoria a domicilio fronte ao Porriño Industrial FC por 0-2, con goles de Iker (30’) e Óscar (70’). Este resultado deixa ao equipo na décimo terceira posición con 34 puntos, alonxanose dous postos do descenso.

O adestrador, Juan Amoedo, declarou tras o encontro: “Pois nós non pensamos noutra cousa que non sexa o seguinte partido, a zona de abaixo está moi igualada. Estamos a sacar puntos todos os de abaixo e non hai contas, o que menos partidos gañe nestes tres partidos que quedan, é o que ten menos posibilidades de salvarse. Non hai ningunha conta posible agora mesmo que asegure a salvación”. E de seguro seguirán loitando, sobre todo para ser fiables an casa. O próximo enfrontamento é no Campo de Santamariña contra o CD Beluso, cuarto clasificado e en zona de play-off, que chegará con todo para consolidar a súa posición.

Primeira Galicia

CD ARCADE – SD VALIÑO (4-2)

O CD Arcade logrou unha importante vitoria ante o SD Valiño (4-2), o que lle permite sumar 54 puntos e situarse quinto, aínda que fóra da zona de play-off. Na seguinte xornada, visitarán ao Marín CF, equipo da metade da táboa.

A próxima xornada visitan o Marín CF, equipo na metade da táboa.

C.D. RIBADUMIA   – C.D. SOUTOMAIOR  (5-0)

Pola súa banda, o CD Ribadumia apabullou ao CD Soutomaior cun contundente 5-0. O Soutomaior, cunha nova derrota, mantense en zona de descenso con só 22 puntos e a salvación complícase, xa que necesitaría gañar todos os partidos que restan.

Na próxima xornada, o Soutomaior recibirá ao SD Valiño, outro equipo que loita por evitar o descenso.

Segunda Futgal: O Atlético de Villar descansou

O Atlético de Villar tivo xornada de descanso e prepárase para recibir na próxima fin de semana ao CD Vincios, nun encontro clave para manter as súas aspiracións.

Terceira Futgal (Liga de Vigo): O Chapela CF, sen xogar

O Chapela CF tamén descansou nesta xornada, manténdose na metade da táboa. Na próxima xornada, visitarán ao Moledo CF, buscando mellorar a súa posición na clasificación.

Terceira Futgal (Liga de Pontevedra): Descanso para o CD Cesantes

O CD Cesantes non xogou nesta xornada e segue na oitava posición da táboa xeral. O equipo visitará na próxima xornada ao CF Poio, nun partido que promete ser competitivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: