Na sesión plenaria, que se desenvolverá hoxe luns a partir das 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira, abordaranse tres mocións pendentes do grupo municipal do PP. A primeira xira en torno a titularidade compartida do miliario de Vilar. Con esta proposta os populares repaldan aos veciños e pídenlle ao Concello que defenda este ben patrimonial e inclúan este miliario no Plan Xeral como punto de deslinde entre Redondela e Mos.A segunda das mocións fai referencia ao Financiamento Estatal do Sistema de Atención á Dependencia de Galicia e finalmente, abordarase a necesidade dunha auditoria e un plan de mantemento das instalacións municipais.
O primeiro dos debates centrarase nunha demanda xa realizada polos propios veciños da parroquias de Vilar de infestas quen amosaran o seu malestar polo desenvolvemento, por parte do Concello de Mos, dun proxecto de iluminación e posta en valor do emblemático Miliario Romano de Vilar – Santiaguiño, cando, en base á documentación existente, este ben patrimonial é de titularidade compartida entre ambos termos, posto que é o que marca os respectivos límites territoriais.
Ante esta situación, presentan esta moción na que solicitan ao Concello que adopte as medidas oportunas para a defensa deste ben histórico. Entre as propostas dos populares figurarán a inclusión do miliario no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que actualmente está en tramitación e que, polo momento, non recolle este fito romano, xa que sosteñen que, aínda que o planeamento non serve para definir os lindes entre concellos -unha competencia do Instituto Geográfico Nacional (IGN)-, serviría para situarse na mesma situación que Mos, que si o ten catalogado no seu plan urbanístico.