Hoxe é Domingo 18 de Maio de 2025

Arranca o XIII Festival de cine Andaina coas proxeccións escolares

fic andaina

A edición deste ano, cuxas proxeccións abertas a público en xeral terán lugar no Multiúsos da Xunqueira entre o 1 e o 3 de maio –  recibiu máis de 200 curtametraxes das cales foron seleccionadas as 16 películas que competirán en tres seccións. O Ficandaina é o único festival de Galicia, e un dos cinco a nivel nacional, que dedica toda a súa programación á diversidade funcional, sendo esta a temática das películas presentadas.

Esta semana arrinca coas proxeccións escolares, peza fundamental do festival que serve para achegar ao público máis novo formatos cinematográficos menos accesibles e temáticas máis diversas, promovendo a visibilidade e a inclusión a través de charlas, exhibicións deportivas e mesmo teatro.

As actividades arrancaron hoxe nos centros de Educación Infantil e Primaria de Redondela, dos colexios de Santa Mariña, A Marisma, Colexio Vigo, Reboreda, Portocabeiro e Cedeira, así como o Colexio Apostol de Soutomaior. Estes alumnos gozaron dunha sesión de cine de animación e dunha obra de teatro protagonizada pola Compañía Variopinto, parte da Fundación Igualarte de Vigo.

O xoves será a quenda dos alumnos de segundo e terceiro ciclo de Primaria do colexio Santa Mariña de Redondela. Comezarán a xornada cunha selección de curtametraxes infantís no auditorio da Xunqueira, para despois pasar ao Pavillón da Marisma, onde haberá unha exhibición da Asociación Discamino, que nos mostrará o seu traballo, garantindo que calquera persoa, independentemente da súa discapacidade, teña a posibilidade de realizar o Camiño de Santiago en bicicleta tándem, triciclo ou bicicleta.

O venres seguirán actuando os alumnos de primaria no auditorio de Redondela, nesta ocasión dos colexios de Cabeiro, Cedeira, Colexio Vigo, e Fonte Oscura de Vigo. Nesta ocasión tamén proxectaremos o bloque de cine infantil e, ao remate, o alumnado asistente poderá escoitar a directora Ashling Ocampo e á actriz María Iriondo describir o seu traballo na súa película “La casa de la Abuela”, que foi incluída nas películas que viron anteriormente. María é unha moza con síndrome de Down que, no seu papel, interpreta a situación que vive cando, no seu 18 aniversario, decide sacar o carné de conducir.

O sábado 26 o Festival trasládase por cuarto ano consecutivo ao Concello de Moaña, onde se celebrará a primeira sesión aberta ao público, coa proxección da sección oficial de ficción. O acto terá lugar na Aula Celso Parada do Auditorio Daniel Castelao, na parroquia de Quintela (Moaña).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: