Hoxe é Xoves 8 de Maio de 2025

“Lectura na rúa” reúne na Alameda a grandes e cativos para celebrar o Día do libro

lectura na rúa1

A iniciativa do CEP Santa Mariña segue medrando e na mañá de hoxe foron centos de nenos e nenas procedentes dos colexios e institutos de Redondela os que  se deron cita na Alameda Castelao para  gozar dunha lectura colectiva. Sumáronse tamén os usuarios dos Centos de Día e as Bibliotecas Municipais achegáronse para colaborar cos seus préstamos literarios. Unha bibliotecas que celebran tamén este día co obradoiro creativo “Contos en construción”.

O obxectivo deste evento, que celebrou hoxe a súa V edición, é fomentar a lectura compartindo a maxia dos libros e da música nunha contorna atractiva e diferente facendo de Redondela unha vila lectora, coa participación de toda comunidade educativa e da veciñanza da vila convocados grazas a unha iniciativa do Colexio de Santa Mariña e o financiamento do Concello.

Lecturas silenciosas, lecturas compartidas, intercambio de marcapáxinas, música e actuación da Barafunda animaron unha mañá solleira que arrancou contra as dez da mañá  coa chegada do alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria dos centros educativos e os maiores dos centros de día. Rapaces e maiores que se desprazaron a un entorno diferente que  serviu para mergullarse no mundo de fantasía que ofrecen os libros.

Mª José Villar, Biblioteca de Chapela

Con todo, as actividades en torno a este Día do Libro continúan tamén esta tarde cun obradoiro  creativo pensado para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos que leva por nome “contos en construción” que se desenvolverá na Biblioteca de Chapela a partir das 18:00 horas. Costa Oeste serán os encargados de dirixir esta proposta que busca que os participantes tiren de creatividade para interpretar un fragmento dun conto  materializándoo coa construción dunha maqueta 3D.

Obradoiro “Contos en construción”

As Bibliotecas aproveitaron tamén esta celebración para dar a coñecer as persoas premiadas como mellores lectores do pasado ano, premios que recaeron en Isolina Rodríguez, usuaria da biblioteca de Redondela e Azucena Domínguez, usuaria de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: