Hoxe é Domingo 1 de Xuño de 2025

Bea Queiro e Manuel San Martín poñen a Redondela no podio europeo de Poomsae

491447086_18092660701604538_7473430701779276948_n

Redondela estivo representada con orgullo, o pasado 16 de abril, no Campionato de Europa de Poomsae e Freestyle. A parella da categoría Over 60 do club Omnihum, formada por Bea Queiro e Manuel San Martín, logrou unha meritoria medalla de bronce  tras caer nas semifinais contra Austria. Pola súa banda, Elena González competiu no Team Under 50 Feminino, onde o seu equipo foi eliminado nos cuartos de final ante Turquía, que finalmente se proclamou campioa da categoría.

Os deportistas regresaron a Redondela cun palmarés destacado: Bea Queiro conquistou o ouro  na súa categoría individual e, xunto a Manuel San Martín, o bronce  en parellas. Este fito súmase a outros títulos recentes de Bea Queiro como a medalla de bronce no Mundial de Poomsae de Hong Kong na modalidade de parellas Over 60.

A taekwondista, de 62 anos, foi recentemente galardoada co diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de Redondela, entregados pola alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, en recoñecemento aos seus méritos deportivos e á súa traxectoria internacional. Redondela celebra o talento e o esforzo dos seus deportistas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: