Hoxe é Domingo 4 de Maio de 2025

Reclaman que se execute a segunda fase da Vía Verde en Chapela adxudicada hai seis meses

pp senda verde

O PP denuncia o forte retraso na obra que foi adxudicada o pasado mes de outubro e para cuxa execución hai unha subvención da Deputación de 315.553 euros. Os populares achacan este atraso “ao temor do goberno local á posible contestación social e malestar dos veciños, aos que non reciben nin escoitan para incorporar as súas demandas ao proxecto”.

O grupo municipal do PP de Redondela vén de denunciar o forte retraso do goberno local no inicio das obras de execución da 2ª fase da Vía Verde de Chapela, que vai ser financiada pola Deputación de Pontevedra. Explican que a achega económica para acometer esta obra foi concedida o 19 de abril do ano pasado para unha obra de interese que ademais foi adxudicada o pasado mes de outubro, hai máis de seis meses, sen que aínda comezaran os traballos.

Entenden os populares que este atraso podería deberse ao “ao temor do goberno local á posible contestación social e malestar dos veciños, aos que non reciben nin escoitan para incorporar as súas demandas razoables ao proxecto” segundo explico o voceiro do PP, Javier Bas, quen fixo estas declaracións tras reunirse cos residente en Angorén. As demandas veciñais fan referencia a recollida das augas, a privacidade das vivendas, a garantía dos accesos, a reparación das escaleiras e a limpeza da contorna.

Para o PP redondelán hai dúas cuestións especialmente graves no desenvolvemento deste proxecto. Por unha banda, o retraso na execución dunha obra moi demandada que daría continuidade á primeira fase e que pode executarse grazas a unha achega de 315.553 euros da Deputación de Pontevedra. E por outro lado, considera “inadmisible” que, despois dun ano, non se lle responda ás peticións de reunión, cursadas por rexistro, polos veciños e nin sequera se lles atenda as chamadas telefónicas para escoitar as súas peticións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: