Hoxe é Luns 5 de Maio de 2025

O BNG denuncia unha campaña de acoso contra o edil David Couñago por parte do PSOE

bng

O enfrontamento entre o PSOE e o BNG de Redondela sube de intensidade logo de que os socialistas publicasen nas súas redes sociais unha imaxe do edil nacionalista e sindicalista da CIG, David Couñago a quen sinalan por ter votado en contra de aprobar a retribución do socialista Alberto Álvarez. O BNG cualifica de “campaña de acoso” esta publicación que “vén demostrar que o PSOE aseméllase cada vez máis ao PP”.
A publicación do PSOE amosa unha fotografía do edil nacionalista xunto coa pregunta “que pensa a CIG de que un delegado sindical vote en contra dun salario digno para un traballador?”. Fan referencia ao voto negativo dos nacionalistas no pleno de xaneiro no que se rexeitou aprobar a retribución parcial para o edil Alberto Álvarez, cun salario bruto anual de 22.680 euros.
Apuntan máis concretamente ao edil David Couñago por ser delegado sindical da CIG e engaden “pode a CIG manter un delegado sindical que vota en contra dun salario para un traballador?”
Unha publicación que non sentou ben nas filas nacionalistas que falan de “campaña de acoso” e acusan aos socialistas de “asemellarse cada vez máis ao PP, tanto nas formas como nos feitos”.
Un novo enfrontamento entre dous partidos que esta noite volverán escenificar a falta de entendemento no pleno dos orzamentos que se celebra ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e no que os nacionalistas xa adiantaron que votarán en contra das contas do goberno por tratarse “dun documento que consolida privatizacións, está afastado da realidade e non da resposta ás necesidades sociais”. Unha proposta que cualifican de “enganosa e que non atende ás necesidades e demandas reais da veciñanza redondelá” e coa que o bipartito din “pretenden amosarse como bos xestores aumentando o remanente, cando o que amosan é a súa incapacidade para executar gastos en partidas dos orzamentos do ano 2022 actualmente vixentes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: