Hoxe é Domingo 4 de Maio de 2025

Prohibida a circulación ascendente no Camiño das Ánimas en Chapela tras a súa renovación

camiño chapela

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade rematou os traballos de pavimentación do Camiño das Ánimas, en Chapela. Unha actuación que consistiu  no acondicionamento de todo o pavimento da rúa e a mellora dos sistemas de drenaxe, co obxecto de evitar as escorrentías de auga da chuvia. Os traballos, incluídos no Plan Máis Provincia 2024 da Deputación, ascenderon a 107.279 euros. Unha sinal advirte aos condutores que queda prohibido ascender por esta vía dende a Avenida de Vigo agás os residentes.

En función das características do trazado, nalgunhas zonas estendeuse aglomerado despois do fresado e aglomerado asfáltico en quente. Noutros tramos co pendente máis pronunciada estendeuse unha base de pavimento de formigón armado, deste xeito o firme permitirá un mellor agarre dos vehículos. Tamén se realizou un muro de quince metros de lonxitude para darlle máis estabilidade ao noiro, ademais de drenaxes para unha mellor conservación do camiño. Trátase dunha obra que segundo explicou o concelleiro Roberto Villar “era moi demandada pola veciñanza e que serve para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nunha zona moi complexa e perigosa polo gran desnivel que presenta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: